🕰️ Escape room lingüístico
A fuga do tempo verbal – Verbos en galego normativo
Supera as 10 probas para restaurar a orde verbal. Cada proba dá un código. Introduce o código correcto para avanzar. Para abrir o cofre do tesouro final terás que meter todas as claves xuntas, así que… anótaas ben!
Proba 1 · O tempo perdido
Clasifica os verbos segundo tempo e modo: cantara, cantaría, cantásemos,cante, cantase, canto
Código: primeira letra do modo maioritario
Proba 2 · A trampa do castelán
Cantas formas son incorrectas? anduvemos, houbera feito, traduzco, fixestes, conducín
Proba 3 · Regular ou rebelde?
Completa mentalmente: traer, poder, dicir
Código: número de verbos irregulares
Proba 4 · O laboratorio da perífrase
Leva lido tres libros. Como se chama este tipo de estrutura de verbos?
Proba 5 · O espello do infinitivo
Antes de saír, pecha a porta. Para facer o traballo, necesitas tempo.
Código: cantos infinitivos correctos
Proba 6 · O condicional perdido
Reescribe correctamente: Se estudaría máis, aprobaría.
Código: reescribe a palabra correcta
Proba 7 · Pasado baixo presión
Cando era pequena, lía moito. Cantos pretéritos perfectos hai?
Proba 8 · A persoa equivocada
A maioría do alumnado aprobaron o exame. Número de letras do verbo correcto?
Proba 9 · O subxuntivo oculto
Non creo que eles veñan mañá. Cal é o subxuntivo?
Proba 10 · A chave final
O infinitivo pode funcionar como substantivo? (A=si/B=non/C=ás veces)
🗝️ Cofre pechado
Introduce a clave secreta para abrir o cofre.
